sábado, 30 de diciembre de 2017

A FESTA DA ANPA

E rematamos o trimestre participando nos talleres organizados pola ANPA para todo o alumnado do centro.

viernes, 29 de diciembre de 2017

O PHOTOCALL DO NADAL

A nosa festa de nadal tivo de todo, tamén un divertido photocall polo que todos pasamos para ter un recordo deste fantástico día!!!

jueves, 28 de diciembre de 2017

CELEBRAMOS O FIN DE ANO

Aproveitamos a proximidade das festas do Nadal para celebrar nas nosas aulas unha festa de Fin de Ano. Todos viñemos vestidos de gala e preparamos todo coas cousas que mercamos dous días antes no supermercado.
Decoramos a nosa mesa, preparámonos e disfrutamos dunha velada falando de coma celebramos o fin de ano nas nosas casas, comendo, compartindo e festexando poder estar xuntos.
Non faltaron as uvas, nin o brindis ou os abrazos.
Fixemos unha conga e coma a Hugo tocoulle o "macarrón" no roscón fíxonos un estupendo baile.
Houbo máis cousas que xa volas iremos contando!!!

martes, 26 de diciembre de 2017

XOGOS PARA O NADAL

Aquí vos deixamos algúns xogos para este nadal. Esperamos que vos gusten:

AXÚDALLE AO ESQUÍO A COLLER LANDRAS

http://www.isladejuegos.es/animales/nut-rush-3-snow-scramble
DECORACIÓN DE NADAL
http://tema.isladejuegos.es/christmas-cake-decoration.html
SOLITARIO DE NADAL
http://www.minijuegos.com/juego/solitaire-classic-christmas
AXUDA A PAPANOEL A CHEGAR A CHEMINEA
http://www.minijuegos.com/juego/santa-s-chimney-trouble
 


sábado, 23 de diciembre de 2017

PARA O NADAL


Tendes actividades asignadas no Khan Academy. Lembrade os vosos contrasinais.
 Ademais, a volta comezamos con robótica, así que se queredes no Khan Academy, na páxina principal podedes escoller a parte de programación. Para iso ides ao final da páxina onde tedes as actividades e clicaques aquí:

Ao clicar vaivos sair isto:
 
Entrade no primeiro e podedes comezar a facer actividades relacionadas coa linguaxe computacional.

martes, 19 de diciembre de 2017

MÁIS VÍDEOS PARA O CONCURSO "VINDEVIDEOS"

O outro día fixemos un artigo sobre "A máquina do tempo", o primeiro vídeo que presentamos ao concurso Vindevideos. 
Pero, ademais dese, preparamos dous vídeos máis usando diferentes técnicas. 
O segundo que fixemos preparámolo usando unha aplicación para a tablet que se chama Puppet Pal coa que se poden facer cousas moi simpáticas. 
O vídeo foi preparado por Brais, Alba P e Noa que escolleron facer marionetas.
 Mirade que ben o fixeron.

IMOS DE VISITA A COMPOSTEIRA VECIÑAL

Onte A e B fixemos unha visita moi especial. Fomos pasar a xélida mañán a composteira veciñal.
 O outro día tivemos a visita de Jesús, o técnico de medioambiente do concello que foi o que nos falou desta estación e grazas a súa mediación puidemos facer a visita.
Alí duas rapaces que traballan para a Deputación de Pontevedra explicáronnos moi ben todo o proceso de compostaxe.
Aprendemos moito, pasámolo moi ben e ademais viñemos cunha bolsa de compos para casa.
Estade atentos ao vídeo para ver coma é todo o proceso.

AS RAS

Se o xoves foron os compañeiros de A os que falaron do seu animal o venres foi a quenda de B.
 Nos escollemos a ra e dividimos o traballo por equipos. Cada equipo documentouse e elaborou un mural coa información. Unha vez feito isto estiveron practicando a exposición, fixemos un par de probas na aula e... listo!!! 
O venres abrimos a porta da nosa clase ao resto do alumnado do centro e falámoslle da ra e as súas características, da súa anatomía, da diferenza entre ras e sapos, as súas funcións, o seu ciclo vital e, por suposto, algunhas curiosidades.
 E fixéronno realmente moi ben. 
Aquí tedes a proba.

domingo, 17 de diciembre de 2017

AS MIÑOCAS

O xoves e o venres desta semana, todas as clases do colexio fixeron unha exposición sobre un animal para que os demais poidésemos coñecer e aprender sobre el.
A nós como nos interesa moito todo o relacionado coa compostaxe e a horta, fixemos o noso traballo sobre as miñocas e a vermicultura. Sobre as miñocas, investigamos como é o seu corpo, que órganos  posúen, como realizan as súas funcións vitais...; pero quixemos ir un pouco máis lonxe e adentrarnos no mundo na vermicultura. Buscamos información sobre a súa orixe, que produtos se obteñen, que cuidados hai que proporcionarlle a unha vermicompostera e, o máis importante, como se pode facer unha vermicomposteira con materiais de refugallo. Como é facil imaxinar, non nos poidemos resistir a facer as nosas. María e Celia foron as primeiras en mostrarnos a súa e continuaremos facendo unha por equipo para poder ver a súa evolución e ao mesmo tempo aproveitar o humus de miñoca e o fertilizante líquido  para a nosa horta.

Así foi a nosa exposición


miércoles, 13 de diciembre de 2017

O NOSO PROXECTO SOBRE O VINDEL

Seguimos compartindo con todos o noso traballo ao redor do Vindel agora que está chegando ao seu fin.  Antes de facer os vídeos houbo moitas sesións de traballo previo, superando diferentes probas. 
Aquí vos deixamos un resumo dalgunhas cousas que fixemos. Nos vindeiros días vos seguiremos contando.

O CLIMA: DÚBIDAS E RETOS

O tema do clima que estamos a traballar danos moito que falar e pensar. 
Hoxe falamos da presión atmosférica. 
Onde hai máis presión en Galicia ou en Toledo? 
 Despois de varias pescudas e de errar unhas cuantas veces, incluida eu, hoxe chegamos a novas conclusións e aquí tedes información a maiores. A páxina é de secundaria pero deixovos imaxes dos artigos que máis nos incumben.

A PRESIÓN ATMOSFÉRICA

DINÁMICA ATMOSFÉRICA

Se queredes profundizar un pouco máis, podedes visitar:
http://meteolab.fis.ucm.es/meteorologia/presion-atmosferica--2

martes, 12 de diciembre de 2017

TRABALLOS DE NATURAIS

O próximo xoves e venres imos amosarlle aos nosos compañeiros do cole todo o que sabemos sobre miñocas e ras. Para axudarvos no voso proceso de documentación aquí vos deixamos uns vídeos moi interesantes.

AS RAS 


AS MIÑOCAS

lunes, 11 de diciembre de 2017

PROBA FINAL DO PERGAMIÑO VINDEL: O NOSO VÍDEO

Imos presentarnos ao concurso Vinde vídeos coas nosas creacións artísticas. As bases din que os vídeos que se presenten non poden pasar de 3 minutos pero nos grabamos un programa de televisión moi interesante sobre a lírica medieval do que imos seleccionar unha parte para o concurso. 
Mirade que artistas temos na aula.

VÍDEO OFICIAL DE GALICIENCIA

Antes de inscribirnos en Galiciencia vimos o vídeo da edición anterior onde había un resumo das actividades realizadas. 
No vídeo deste ano hai algunhas caras coñecidas. A ver quen as atopa!!

OS MURAIS

Estes días A e B andan moi ocupados elaborando murais sobre o animal que escolleu cada clase. A as miñocas e B as ras. O xoves e o venres será o día de expor o resultado a todos aqueles que queiran saber máis cousas do noso animal pero antes de darlle os toques finais aos vosos murais, deixámovos uns consellos para que o traballo sexa un éxito.

https://issuu.com/nivecaro/docs/como_facer_un_mural.pptx

sábado, 9 de diciembre de 2017

A COMPOSTAXE

O pasado luns, Xesús, o técnico  de medio ambiente do concello, veunos a lembrar a importancia da xestión dos  residuos que se xeramos nas nosas casas e nas aulas.
Para comezar, recomendounos que o primeiro que debíamos facer é reducir o noso consumo, ben non mercado obxectos que non precisamos ou a hora de mercar, optar por aqueles produtos que non teñan demasiados envoltorios ou que estén feitos de materiais facilmente reciclables.
Todos nós temos moi claro cal é o contedor do papel e cartón, onde se botan os plásticos, o vidrio, o aceite ou as pilas, pero o que a maioría descoñece, é que no contedor verde de xenéricos, non debemos depositar os residuos  orgánicos. Estos representan o 50% dos residuos que xeramos. Con eles podemos facer compost, ben a nivel individual nas nosas casas, ou depositando estos residuos na composteira comunitaria que hai na nosa vila. Deste xeito estamos a reducir o lixo que se leva a planta de tratamento de residuos e ao mesmo tempo obtemos o compost que podemos empregar nos cultivos das nosas plantas ou hortas.
Os nenos e nenas de 5º encargamos da xestión dos residuos orgánicos que xeramos no noso colexio. Por turnos, a hora do recreo, pasamos por as aulas a recoller os restos órganicos para logo depositalos na nosa composteira. O compost que obtemos empregámolo para os cultivos da na nosa horta.

jueves, 7 de diciembre de 2017

O PERGAMIÑO VINDEL

En 5º A levamos un tempo traballando arredor do Pergamiño Vindel e con toda toda a información que recollemos cada equipo encargouse de facer un mural e unha exposición oral.
Este é o resultado!

A DIVISIÓN II

Continuamos deixándovos máis recursos para que non se vos resista ningunha división

miércoles, 6 de diciembre de 2017

A DIVISIÓN

Empezamos tema novo en mate. Imos traballar a redor da división. Xa tedes recursos no site para que vaiades practicando.

A DIVISIÓN E AS SÚAS PROPIEDADES


https://www.blinklearning.com/Cursos/c880569_c47588379__DIVISION_Y_SUS_PROPIEDADES.php

 PRACTICAMOS?

http://aprendiendomates.com/matematicas/divisible_1.php

martes, 5 de diciembre de 2017

DECORACIÓN DE NADAL

Estes días de ponte queremos que decoredes un CD vello polas dúas caras para colgar no noso corredor. Podedes facelo coma queirades pero para inspirarvos aquí vos deixamos algunhas ideas.

lunes, 4 de diciembre de 2017

O CAMBIO CLIMÁTICO

Unimos no seguinte vídeo o tema de sociais sobre o Clima coa actividade de Lingua Española sobre coma redactar unha noticia. 
Para facer as seguintes noticias, os rapaces primeiro viron un vídeo sobre o cambio climático, tomaron apuntamentos seguindo o método Cornel. Unha vez listo, viron as partes que tiña unha noticia e fixeron xogos on line para practicar. Xa con todo listo fomos a Telepepe, set preparado polo equipo de normalización lingüística do centro, a gravar as nosas noticias. E o resultado foi fantástico!!!

domingo, 3 de diciembre de 2017

PROGRAMAR CON CÓDIGO

Como sabedes a partir de xaneiro imos incorporar a robótica nas aulas de quinto.
As profes estamos indo a clase e traballando arreo polas tardes para sacarlle o máximo partido aos robots que xa temos no cole.

Pero mentres chega ese momento xa estamos aproveitando as aulas de informática para aprender a programar con código.
Ata fai ben pouco a programación era un campo exclusivo para os profesionais. Nembargante actualmente a linguaxe computacional está asequible a calquera usando os bloques ou códigos que non son máis que caixóns onde organizar as ordes que queremos darlle ao noso sistema ben para facer un videoxogo ou para programar un robot.
Na aula estamos traballando a través de CODE.ORG. Pero tamén podedes seguir adestrando na casa. De feito, en canto acabedes o curso 3 podedes comezar a xogar co curso 4.
Pero os máis osados podedes comezar a botarlle un ollo a Scratch Tamén o imos usar na aula, pero será un pouco máis adiante.