miércoles, 7 de junio de 2017

DESCUBRINDO O MACEIRAS

Uns días ante de realizar a visita fixemos varias fichas relacionadas co río e o seu paseo e organizamos a saída.
O día da excursión, antes de marchar, a profe deunos dúas follas con fotos de plantas (árbores, arbustos e herbas) cos seus nomes ademais dun caderniño onde tíñamos que apuntar todas as variedades de plantas que íamos atopando e outros exercicios relacionados co río e o seu paseo.
Baixamos a Redondela camiñando e seguimos o río,preto de onde se xunta co Alvedosa ata o principio do paseo.
Nada máis chegamos xa vimos alguns animais e árbores como patos e unha nube de mosquitos,ademáis tamen observamos un salgueiro moi preto do río.
Ao comenzar o paseo,xa vimos bastante vexetación,como varias maceiras,de ahí o nome do río,e tamen abeleiras.
Tamen alguns probamos a lingua de boi,que segun a profe sabía a ostra,pero eu non notei nada.
Un pouquiño máis adiante observamos un monton de lúpulo,que é unha pranta que se utiliza para facer cervexa e ata en Alemaña teñen plantacions.
Observamos bastantes nogueiras,unha árbore que non é moi común aquí na beira dos ríos. A profe nos contou que seguramente plantaron unha  foise reproducindo.
De vez en cando, parábamos e gardábamos silencio para intentar apreciar os sons da natureza, pero en ocasións, esto era imposible xa que se escoitaban ruídos de máquinas e coches.
Pouco despois vimos leiras, case todas abandoadas e cheas de plantas invasoras, pero entre as que aínda se cultivaban miramos plantacións de patacas e grelos e tamén varias viñas.
Despois pasamos por unha especie de ponte pequeniña que pasaba por enrriba do río e ao lado estaba un antigo muiño. Seguindo por esa zona observa levantaran un muro ilegal preto de onde estaba unha antiga fábrica de barcos.
A profe tamén nos contou que de xoven ía ler debaixo dun amieiro que estaba a o outro lado do río.
Finalmente se nos fixo tarde e tivemos que volver rápido para non perdernos a función de títeres que tiñamos despois da nosa visita. Ao final,non nos deu tempo a ver a composteira comunitaria, pero polo demáis, foi unha grande experiencia para coñecer un pouquiño máis da nosa vila e val do Maceiras.

Texto: María 
fotografía: Rober
Montaxe vídeo: Rober e Lucas C.

  


No hay comentarios:

Publicar un comentario