jueves, 29 de septiembre de 2016

VISITA AO MEIRANDE E SAN SIMÓN

 O pasado martes, os meus compañeiros e máis eu baixamos a pé a Redondela.  O motivo era realizar unha visita ao museo Meirande e a illa de San Simón, agasallo que recibimos por gañar o I Concurso de Teatro Radiofónico organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
Como non estamos acostumados a andar tanto, ao chegar ao peirao de Cesantes descansamos e comemos algo para recuperar forzas. De seguido chegou o barco que nos ía levar a nosa primeira parada: Meirande. Para nós non era algo novo xa que estiveramos alí noutra ocasión, pero ainda así resultounos moi interesante. Ensináronnos unha réplica da sala do capitán, os cañóns e a bodega dun barco e tamén vimos uns vídeos sobre a Batalla de Rande e o choco.
Ao finalizar a visita embarcamos de novo rumbo a illa de San Simón. O primeiro que fixemos ao chegar, foi cantar a cantiga de Mendiño en homenaxe aos trovadores medievais Johan de Cangas, Martín Códax e Mendiño. A continuación dividíronnos en dous grupos e acompañados dunha guía  comenzamos a visita. Levounos, en primeiro lugar, a visitar a capela onde se atopa a imaxe do santo que lle da nome a illa. A San Simón fáltalle as dúas mans e según nos contou a guía hai dúas versións que explican o por que.
Había varios edificios, un que era antes un comedor transformado agora en cafetería, outro que primeiro foi un hospital e logo  unha cárcere. 
Contáronnos porque a illa de San Simón lle chamaban a illa limpa e a San Antón a illa sucia. Isto era porque os barcos que viñan de facer grandes travesías, antes de poder desembarcar, tiñan que pasar cuarenta días na illa, e os que padecían enfermidades contaxiosas eran levados a illa de San Antón e tiñan prohibida saír de alí. 
A través dunha ponte accedemos a illa de San Antón, onde se atopa o ceminterio e un edificio transformado en museo con fotografías de diferentes épocas. Voltamos a illa de San Simón e fixemos a última parada onde a guía nos amosou un cruceiro na illa de San Bartolomeu que rinde homenaxe a uns homes que perderon a vida alí ao volcar a pequena embarcación na que ían.
A paisaxe das illas é moi fermosa con árbores con máis dun século de vida como os que forman o Paseo dos Buxos.
Finalizada a visita volvemos a coller o barco que nos levou de volta ao peirao de Cesantes e de alí fomos andando ata o colexio.
 Cris

lunes, 19 de septiembre de 2016

PALABRAS DE CARAMELO

Este vídeo seguro que nos axudará a entender mellor o escenario onde ten lugar a historia que se narra neste libro.

sábado, 17 de septiembre de 2016

REPASO HISTORIA

Antes de comenzar o estudio dos contidos de historia deste curso, vamos a lembrar o que estudamos en cursos anteriores.





 

jueves, 8 de septiembre de 2016

BENVIDOS DE NOVO!!!!!

 O vindeiro luns espérovos coas mochilas cheas de ilusión e con moitas, moitas ganas de aprender xuntos.

BENVIDOS DE NOVO!!!!