martes, 19 de mayo de 2015

VISITA MARÍA JESÚS GESTIDO

¿Qué significa ser un ou unha deportista?
Hai cuestións que poder ter múltiples respostas en función da forma en que o que responde pensa a vida. Creo que moitas veces buscamos respostas absolutas cando non existe unha única realidade senón que a realidade é construída a partir das palabras e do xeito de pensar das persoas. 

Para min, un deportista non é so aquel que fai deporte.
Para min un deportista é aquel que ten un xeito de vivir respectuoso co compañeiro, co rival, con entorno onde fai a práctica e, como consecuencia a todo isto, o que é respectuoso consigo mesmo.
Un deportista é aquel que se coñece a si mesmo perfectamente, o que disfruta cos demais consciente de que levarse mal coa xente implica facerse dano a un mesmo e o que ten un modo de vida activo onde correr non significa cansarse senón  que significa estar mais vivo que nunca.

Fai uns días tivemos a sorte no cole de poder charlar con María Jesús Gestido, toda una campiona de España de maratón (entre outras moitísimas mais xestas) que adornan un palmarés desexado por calquera atleta. 

O primeiro que nos gustou de María foi a súa timidez e humildade xa que outros con moito menos se creen moito mais. Despois démonos de conta que María ten que compaxinar o seu traballo e o coidado da súa filla cos duros adestramentos, o que significa que é una auténtica loitadora cunha grande forza de vontade. Díxonos que non corre por cartos senón que corre porque iso lle causa pracer e lle axuda a sentirse mellor consigo mesma. Houbo quen lle preguntou se odiaba a algún rival ou se tiña envexa das que, ás veces, lle gañaban algunha carreira. Nese momento María pareceu estrañada pola propia pregunta xa que na súa forma de entender o deporte non ten cabida a envexa ou o odio, ela só corre para sentirse ben e para dar o mellor de si mesma e desta forma, cando gaña (que é moitas veces), atópase cun premio extra que complementa o gran premio que é facer deporte. María díxonos que ten claro que vai seguir toda a vida facendo deporte porque é o motor que lle permite vivir feliz e disfrutar dos seus. 
Por todas estas cousas, os deportistas como María Gestido non teñen nada que ver con esas “estrelas” do deporte que se pasean en caros coches preocupándose mais de colares de ouro que dos valores do deporte. Esas persoas non nos interesan. Os antipáticos, os que desexan o mal dos demais, os que fan mofa do rival cando gañan e protestan cando perden, os que sempre teñen queixa dos árbitros…eses non nos interesan.  

Volve a pensar na pregunta inicial.
¿Qué significa ser un deportista? Agora o temos algo mais claro. 
 Quizais ser un deportista significa respectar a todos os rivais, querer ós compañeiros e amar o deporte.
Quizais ser un deportista e esforzarse e nunca darse por vencido.
Quizais ser un deportista é ser como María Gestido!
 Miguel

GRAZAS MARÍA! 
GRAZAS A FAMILIA DE DAVID

 

viernes, 8 de mayo de 2015

POR FIN O NOSO TRABALLO COMENZA A DAR O SEU FROITO!!!

Levamos traballando arreo no noso horto dende comenzo do curso buscando novas opcións para que poidésemos obter algunha colleita. Optamos por situar neumáticos na zona máis soleada e probar a cultivar distintas hortalizas. O resultado é do máis satisfactorio. Xa probaramos as espinacas e os amorodos e hoxe tocoulle a leituga coa que preparamos unha saudable ensalada na aula.

Nesta presentación pódense ver os amorodos, cabazas, cabaciños, cebolas, allos porros, leitugas, cenouras, espinacas, acelgas, tomates e a nosa estrela: o cultivo en vértical de patacas que está espectacular.


A ensalada estaba exquisita!


domingo, 3 de mayo de 2015

FELIZ DÍA DA NAI

Neste día tan especial para moitas de nós, os vosos fillos e fillas teñen algo que decirvos.

Hai unhas mensaxes moi especiais!
BO DÍA!