Xa estades a piques de celebrar coas vosas familias esta noite tan especial pero, lembrades como se celebra onadal no mundo?.
Neste vídeo que preparástedes coa profe Cristina tedes como é o nadal en lugares tan distantes como Australia ou Xapón.
Dentro do noso proxecto ¨Educando para medrar sans¨ ,esta semana tocáballe aos diferentes cursos preparar e degustar platos elaborados con feixóns. Este venres os nenos e nenas de 5º A preparamos ensalada e os nosos compañeiros de 5º B cociñaron feixóns con tomate.
Esta semana comezamos de novo o traballo no noso horto e neste curso contamos coa colaboración dos nosos compañeiros e compañeiras de 5º B.
Agora é o momento de arrincar as tomateiras vellas e colleitar pementos,xudías, cenouras e algún que outro amorodo e de preparar de os neumáticos para novos cultivos.
Tamén estamos esperando que maduren os nosos feixóns. Sementamos diferentes variedades co fin de coñecelos e degustalos a finais de mes na semana adicada a estos legumes.
Para pasar o último día xuntos neste curso quixemos voltar a un lugar paradisiaco a beira do río Alvedosa. Polo camiño fomos vendo os cultivos de millo, patacas, viñas e hortas e observando as diferentes árbores froiteiras e a vexetación típica do bosque de ribiera.
Aproveitamos para compartir xogos en contacto coa natureza, nun prado rodeado de árbores, vendo bolboretas, cabaliños do demo e algunha que otra rá que coma nós estaban disfrutando do lugar.
Despois de merendar e refrescar os pés no río, ainda que algún e algunha mollou algo máis que os pés, voltamos ao cole.
Foi momento de despedidas e de entregar as notas, e como xa vos dixen, o importante foron todas experiencias e vivencias que compartimos al longo deste curso.
O blog non pecha por vacacións polo que seguiremos en contacto.
O venres 12 de xuño fomos a praia de Cesantes. O noso guía que se chamaba Marcelo, explicounos que operixel de mar era unha planta carnosa para protexerse do vento, da area e para conservar a auga, tamén vimos un cardo de mar. A continuación explicounos a historia da Illa de San Simón. Despois vimos unha planta que tiña flores amarelas que se a inclinabas parecían paxariños. Fomos camiñando ata outra praia e polo camiño atopamos sobreiras e carballos. Explicounos como se formaban as cocas dos carballos e nos ensinou un ovo cunha avespa dentro.
Ao volver atopamos unha vacaloura e Marcelo pedíunos si se podía quedar con ela para estudiala.
Xa me esquecía de contar que mentras esperábamos por Marcelo xogamos a atopar cunchas e eu atopei unha de ostra onde se lle miraban moitas capas.
Este mércores fomos de visita á casa de Ángel Barros para coñecer o seu estudo de pintura. Alí tiña impresionantes cadros e algúns de gran tamaño como o ¨A última cea¨, ¨As meninas¨ ou ¨O enterro do conde Orgaz¨.
Agora está traballando noutros cadros para a próxima exposición. Un deles é enorme e ten moito colorido e trata sobre a coroación de Napoleón e tamén está a pintar cadros sobre costuteiras, fiandeiras e outros oficios relacionados coa confección de roupa.
Explicounos como dende un cadro en blanco chega a conseguir as cores que el quere.
Despedíuse de nós decindo que todo o traballo require un esforzo e que estaba moi agradecido pola nosa visita, e para nós foi un privilexio poder visitalo e disfrutar das súas ensinanzas.
No camiño de ida e de volta que fixemos andando, aproveitamos para que a profe nos explicara cousas sobre as plantacións de millo e patacas e sobre as árbores que hai a carón do río Alvedosa e repasamos os nomes das árbores froiteiras que atopamos polo camiño.
O luns veu a nosa clase unha escritora chamada Ledicia Costas. A razón da súa visita foi que estivemos a ler un libro seu titulado ¨Escarlatina, a cociñeira difunta¨. Fixémoslle unha entrevista moi interesante e o pasei bastante ben.
Contounos unha cousa que me sorprendeu pero que a vez me fixo ilusión, esta semana ía a comenzar a escribir outro libro de Escarlatina, pero o que máis me chamou a atención foi que non vai a ser a continuación senón o libro anterior. Cando o publique vouno a papar!
Despois da entrevista firmounos os libros e puxonos un selo moi bonito de cor rosa co nome de Ledicia.
Foi un día moi especial!!!
E para aqueles que ainda non léstedes o libro vouvos contar un pequeno detalle, para facer o libro inspirouse nas dúas cousas máis lle gustan: os mortos e a cociña.
Hai cuestións que poder ter múltiples respostas en función da forma en que
o que responde pensa a vida. Creo que moitas veces buscamos respostas absolutas
cando non existe unha única realidade senón que a realidade é construída a
partir das palabras e do xeito de pensar das persoas.
Para min, un deportista non é so aquel que fai deporte.
Para min un deportista é aquel que ten un xeito de vivir respectuoso co
compañeiro, co rival, con entorno onde fai a práctica e, como consecuencia a
todo isto, o que é respectuoso consigo mesmo.
Un deportista é aquel que se coñece a si mesmo perfectamente, o que disfruta
cos demais consciente de que levarse mal coa xente implica facerse dano a un
mesmo e o que ten un modo de vida activo onde correr non significa cansarse senón
que significa estar mais vivo que nunca.
Fai uns días tivemos a sorte no cole de poder charlar con María Jesús Gestido, toda una campiona
de España de maratón (entre outras moitísimas mais xestas) que adornan un
palmarés desexado por calquera atleta.
O primeiro que nos gustou de María foi a súa timidez e humildade xa que
outros con moito menos se creen moito mais. Despois démonos de conta que María
ten que compaxinar o seu traballo e o coidado da súa filla cos duros
adestramentos, o que significa que é una auténtica loitadora cunha grande forza
de vontade. Díxonos que non corre por cartos senón que corre porque iso lle
causa pracer e lle axuda a sentirse mellor consigo mesma. Houbo quen lle
preguntou se odiaba a algún rival ou se tiña envexa das que, ás veces, lle
gañaban algunha carreira. Nese momento María pareceu estrañada pola propia
pregunta xa que na súa forma de entender o deporte non ten cabida a envexa ou o
odio, ela só corre para sentirse ben e para dar o mellor de si mesma e desta
forma, cando gaña (que é moitas veces), atópase cun premio extra que
complementa o gran premio que é facer deporte. María díxonos que ten claro que
vai seguir toda a vida facendo deporte porque é o motor que lle permite vivir feliz
e disfrutar dos seus.
Por todas estas cousas, os deportistas como María Gestido
non teñen nada que ver con esas “estrelas” do deporte que se pasean en caros
coches preocupándose mais de colares de ouro que dos valores do deporte. Esas
persoas non nos interesan. Os antipáticos, os que desexan o mal dos demais, os
que fan mofa do rival cando gañan e protestan cando perden, os que sempre teñen
queixa dos árbitros…eses non nos interesan.
Volve a pensar na pregunta inicial.
¿Qué significa ser un
deportista?Agora o temos
algo mais claro.
Quizais ser un deportista significa respectar a todos os rivais, querer ós
compañeiros e amar o deporte.
Quizais ser un deportista e esforzarse e nunca darse por vencido.
Quizais ser un deportista é ser como María Gestido!
Levamos traballando arreo no noso horto dende comenzo do curso buscando novas opcións para que poidésemos obter algunha colleita. Optamos por situar neumáticos na zona máis soleada e probar a cultivar distintas hortalizas. O resultado é do máis satisfactorio. Xa probaramos as espinacas e os amorodos e hoxe tocoulle a leituga coa que preparamos unha saudable ensalada na aula.
Nesta presentación pódense ver os amorodos, cabazas, cabaciños, cebolas,allos porros, leitugas, cenouras, espinacas, acelgas, tomates e a nosa estrela: o cultivo en vértical de patacas que está espectacular.
Unha vez máis celebramos o Día da Árbore no noso colexio. Este ano tocounos desprazarnos ata Ventosela e alí disfrutamos dun día de xogos e risas en contacto coa natureza.
Fai uns días que descubrimos un libro fascinante: ¨Escarlatina: a cociñeira defunta" da escritora Ledicia Costas e tennos atrapados, tanto polas aventuras de Román como polas recetas tan apetitosas que trae. Hoxe estreámonos e fixemos a primeira " Magdalenas Caseiras para lamber os fociños¨ e si que os lambemos!!!!
Coma sempre " As magdalenas hai que gañalas!" e a receta serviunos para continuar practicando problemas de peso e capacidade. Os cl., ml. , gr., quilo, medio quilo.... entran mellor se cheiran a vainilla e limón e saben a gloria.
O pasado martes cociñamos pizzas de setas. Primeiro, o luns preparamos a masa e mentras algúns nenos botaban os ingredientes, os demais facíamos exercicios calculando distintas medidas.
O martes, despois da clase de inglés, baixamos ao salon de actos a cociñar. Fomos equipo por equipo a poñer os ingredientes. Mentras uns cociñaban outros gañaban a pizza escribindo historias fantásticas. Máis tarde comemos as pizzas e.... estaban boísimas!
Despois lemos as historias que eran moi divertidas.
Por fin este venres o tempo meteorolóxico deunos unha tregua e poidemos ir a horta a plantar patacas. Un representante de cada equipo encargárase de traer da casa unhas cantas patacas de semente e xa levaban un tempo na aula, estabamos esperando por un día sen chuvia para poder saír a plantalas nos neumáticos que xa tiñamos medio preparados.
Tíñamos patacas das variedades desiré, mona lisa, agria e unhas moi raras francesas.
Según nos explicou o avó de Lucas García, se as plantamos agora poderemos recollelas alá polo mes de maio. Mentras tanto, esperaremos a que medren o suficiente para engadir outro neumático e máis terra, pois trátase dun sistema que estamos a experimentar de cultivo en vertical de patacas en neumáticos.