domingo, 23 de noviembre de 2014

PRACTICAMOS A MULTIPICACIÓN

Neste enlace podedes practicar a operación de multiplicar

FUNCIÓNS DAS PLANTAS

Para que poidades coñecer un pouco mellor como realizan as plantas as súas funcións vitais deixovos un vídeo sobre a fotosíntesis para a función de nutrición, outros onde podedes ver como se produce a polinización que se corresponde coa función de reprodución, e por ultimo, un video moi breve onde se pode apreciar como se pliega a mimosa sensitiva para a función de relación.

Espero que os disfrutedes!




A RESPIRACIÓN NOS ANIMAIS

Recuperamos este vídeo que xa vimos o curso sobre a respiración dos animais


sábado, 22 de noviembre de 2014

FROITAS CON ARTE

Este venres utilizamos froitas para crear obras de arte comestibles. Para que nos botaran unha man convidamos a María José a nai de David que é unha experta neste eido e tamén a Brais e a profe Mari para que nos ensinaran o nome das froitas en lingua de signos.
Despois de recoller e pesar a froita para calcular que cantidade tíñamos puxémonos mans a obra. Entre todos fixemos figuras, brochetas e pinchos.
 O resultado foi do máis vistoso e delicioso!


Grazas María José!!!!

miércoles, 12 de noviembre de 2014

A COVA DE ALTAMIRA

Deixovos  un vídeo que recrea o descubremento da cova de Altamira, ainda que é un pouco longo merece a pena ver a parte do descubremento.




Como seguro que queredes saber máis sobre o descubremento da cova e as súas pinturas, non tedes máis que clicar aquí