domingo, 27 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Este mércores celebramos o Día do Libro no noso colexio con diversas actividades. Comenzamos na aula contando cales eran os nosos libros favoritos. A continuación participamos nun acto de presentación de diferentes escritores cantando a cantiga de trobeiro Mendiño ¨Sediame eu na ermida de San Simón¨ . Rematamos lendo polos corredores os libros que se atopaban distribuidos por todo centro.

viernes, 25 de abril de 2014

OS NOSOS VERMES DE SEDA

A finais do mes de marzo comenzaron  a eclosionar os ovos dos vermes de seda  que gardábamos do ano pasado. A partir de ese momento, a primeira tarefa foi localizar moreiras para darlles de comer, e segunda, dada a cantidade de vermes que tíñamos, atopar familias que quixeran adoptar algúns  bichiños.
Día a día fomos aprendendo cousiñas dos vermes de seda pero ainda se nos plantexaban algunhas dúbidas. Así que recopilamos todo o que xa sabíamos e elaboramos unha lista do que queríamos averiguar. Para solventar as nosas dúbidas fómos a aula de informática a buscar información e alí atopamos a resposta as nosas preguntas. 

Neste vídeo recóllese parte do proceso.


Agora toca seguir coidandoos e esperar que fagan o capullo e se convirtan en bolboretas.

jueves, 24 de abril de 2014

Os maios


Estando a traballar o tema de ¨A nosa contorna¨ non podíamos pasar por alto unha das festas mais arraigadas da nosa vila ¨Os maios" . Imos construir entre todas as clases do centro un maio tradicional e  o mércores celebraremos a nosa festa cantando as coplas

Para irnos familiarizando aquí tedes un documental sobre a historia e a elaboración dos maios.



http://www.galeguizargalicia.tv/video/27/maios

martes, 22 de abril de 2014

COMPARTINDO EXPERIENCIAS

Unai e a súa familia visitaron estos días o Parque Zoolóxico de Marcelle en Lugo. Alí pudo observar moi de cerca animais de diferentes hábitats e deixounos a todos abraiados co que aprendeu sobre eles.
Así viviu el esta experiencia

O venres fun coa miña familia ao zoo de Marcelle. Era enorme e moi bonito.
Había suricatas, burros, ponis, ourizo cachos, capibaras, cebras, wapitis, cervos e outros moitos máis. E incluso había reserva!
Os que máis me chamaron a atención  foron:
  •  Os canguros que son marsupiais porque teñen marsupios.
  •  Os emús son aves que non voan, pero son moi rápidas.
  • Os falcóns e os bufos reais.
  • Os linces, os xabaríns e os lobos que poden ser ibéricos.
Incluso atopei un amigo e paseino moi ben.

Grazas á familia por compartir con nós estas fotos fotos !



Seguro que quedades con ganas de coñecer un pouco máis este lugar, así que vos deixo este enlace onde podedes ver como é o parque e os animais que alí hai.


lunes, 14 de abril de 2014

DÍA DA ÁRBORE 2014

Este pasado venres celebramos unha vez máis o Día da Árbore, coa colaboración das comunidades de montes de Ventosela e Reboreda e da ANPA, con dúas actividades diferentes.
Como todos os anos fixemos unha plantación de carballos, piñeiros e tamén de árbores froiteiras no lugar coñecido como Chan da Costa.
Ademais, por segundo ano consecutivo, un tramo da Senda da Auga convertiuse nunha pinacoteca ao aire libre con 300 debuxos, pequenas obras de arte que fixemos para participar no concurso organizado polas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela baixo o nome "A arte libre nun monte limpo".
Estamos de noraboa xa que María foi a gañadora do primeiro premio do Segundo Ciclo e recibiu un estupendo lote de libros.
Ao longo da mañán tamén participamos en diferentes xogos tradicionais como a chave, a corda ou o pano.

 Foi  unha xornada para gozar da natureza!



viernes, 4 de abril de 2014

OS ANIMAIS

Xa rematado o tema dos animais déixovos este enlace para repasar