sábado, 20 de abril de 2013

O NOSO PRIMEIRO FORNO SOLAR

A principio da semana  empezamos a experimentar coa enerxía solar montando un sinxelo invernadoiro con botellas de auga e un plástico. O sol para quenta a auga das botellas durante o día e logo vai soltando o calor lentamente para queo frío da noite non perxudique as nosas leitugas.
Nos queixemos ir mais lonxe e utilizar a enerxía solar para cociñar. Pédimoslle, outra vez, axuda a Belén que xa ten experiencia na utlización da cociña solar.  Preparamos os materiais que íamos a precisar: dúas caixas de diferente tamaño, xornais, papel de aluminio, cola, cinta adhesiva, tesoiras e un cristal . Con  vedes son todos materiales que podemos reutilizar e moi fáciles de conseguir.
Decidimos e íamos para comenzar facendo un, e logo de probalo, construir un segundo xa con un pouco máis de práctica
Belén veu e mostrounos un xa feito e explicounos como funciona.


Co seu asesoramento, púxemonos man a obra. Primeiro fixemos unha morea de bolas de papel de xornal que nos ían a servir de aillante. Cubrimos o fondo da caixa grande con bolas de papel, metemos a caixa pequena  dentro da mais grande e cubrimos o oco que había  entre as dúas coas bolas de papel. A continuación, cubrimos o interior da caixa pequena con papel de aluminio. Preparamos a tapa recortando tres lados dun rectángulo un pouco mais pequeno co cristal. Pegamos o cristal polo interior. O cartón vai a ser o noso panel solar, así que tamén o cubrimos con papel de aluminio. So nos faltaba meterlle dentro unha bandexa de cor negro.
 Estabamos impacientes por  probalo!
Así que este venres, probamos o noso e o que nos deixou Belén. A primeira hora da mañán, levamos os fornos para fora e cada certo tempo baixaba un de nos a comprobar a temperatura que marcaba o termómetro que metemos no interior. Ao principio a temperatura subía moi rápido, pero tamén nos xurdiron algunhas dificultades polo vento que había e en algún momento descendeu.
Ainda que polo vento que facía non era o día mais axeitado para probalos, metemos un ovo dentro de cada forno sobre as once e media. A unha,  fomos a comprobar como estaba e...... Incrible os ovos estaban cocidos e cheiraban estupendamente. Como non tiñamos pan para acompañar non os probamos.

 A próxima vez prepararemos algunha exquisita receta para comer!

No hay comentarios:

Publicar un comentario