Este venres celebramos o Día da Árbore. Saímos a primeira hora camiño do antigo vertedoiro de A Carosa onde plantamos cerdeiras silvestres. Despois fomos ata a área recreativa da Miñoteira en Venosela e alí esperamos impacientes o resultado do concurso de carteis que debuxamos para colocar na Senda da Auga. Quedamos todos moi ledos xa que o debuxo de Pablo foi un dos gañadores. Necesitabamos repoñer forzas e as comunidades de montes de Ventosela e Reboreda agasalláronnos con unha deliciosa empanada de xamón e queixo da que non deixamos nin as migallas. Despois tivemos tempo libre para xogar e disfrutar da marabillosa paisaxe e das vistas que hai dende esta área recreativa. Recollemos o lixo e voltamos andando ao cole un pouco cansos pero moi contentos.
domingo, 28 de abril de 2013
viernes, 26 de abril de 2013
UN LIBRO É....
Outra das actividades que fixemos para celebrar o Día do Libro foi crear metáforas sobre o libro. Comenzamos explicando en que consistían a metáfora e a comparación e logo cada un escribiu unha lista de cinco nomes. A continuación asociou o que mais lle gustaba a palabra libro. Xa tiñamos o comenzo e entre todos, axudándonos, fixemos os nosos primeiros un libro é ...., pero como nos encanta escribir e crear, cada un fixo varias metáforas coa palabra libro .... e ata nos animamos con outras. Estabamos tanto contentos e satisfeitos coas nosas creacións que fomos a lelas para todo o cole pola megafonía.
Aquí tedes a mostra!
miércoles, 24 de abril de 2013
OS NOSOS LIBROS FAVORITOS
Hoxe quixemos sumarnos a celebración do Día do Libro. Unha das actividades que fixemos foi mostrar aos compañeiros e compañeiras o noso libro favorito e explicar as razóns que fan que sexa o noso preferido.
Seguro que nos animamos a ler algún deles se ainda non o fixemos.
sábado, 20 de abril de 2013
O NOSO PRIMEIRO FORNO SOLAR
A principio da semana empezamos a experimentar coa enerxía solar montando un sinxelo invernadoiro con botellas de auga e un plástico. O sol para quenta a auga das botellas durante o día e logo vai soltando o calor lentamente para queo frío da noite non perxudique as nosas leitugas.
Nos queixemos ir mais lonxe e utilizar a enerxía solar para cociñar. Pédimoslle, outra vez, axuda a Belén que xa ten experiencia na utlización da cociña solar. Preparamos os materiais que íamos a precisar: dúas caixas de diferente tamaño, xornais, papel de aluminio, cola, cinta adhesiva, tesoiras e un cristal . Con vedes son todos materiales que podemos reutilizar e moi fáciles de conseguir.
Decidimos e íamos para comenzar facendo un, e logo de probalo, construir un segundo xa con un pouco máis de práctica
Belén veu e mostrounos un xa feito e explicounos como funciona.
Belén veu e mostrounos un xa feito e explicounos como funciona.
Co seu asesoramento, púxemonos man a obra. Primeiro fixemos unha morea de bolas de papel de xornal que nos ían a servir de aillante. Cubrimos o fondo da caixa grande con bolas de papel, metemos a caixa pequena dentro da mais grande e cubrimos o oco que había entre as dúas coas bolas de papel. A continuación, cubrimos o interior da caixa pequena con papel de aluminio. Preparamos a tapa recortando tres lados dun rectángulo un pouco mais pequeno co cristal. Pegamos o cristal polo interior. O cartón vai a ser o noso panel solar, así que tamén o cubrimos con papel de aluminio. So nos faltaba meterlle dentro unha bandexa de cor negro.
Estabamos impacientes por probalo!
Así que este venres, probamos o noso e o que nos deixou Belén. A primeira hora da mañán, levamos os fornos para fora e cada certo tempo baixaba un de nos a comprobar a temperatura que marcaba o termómetro que metemos no interior. Ao principio a temperatura subía moi rápido, pero tamén nos xurdiron algunhas dificultades polo vento que había e en algún momento descendeu.
Ainda que polo vento que facía non era o día mais axeitado para probalos, metemos un ovo dentro de cada forno sobre as once e media. A unha, fomos a comprobar como estaba e...... Incrible os ovos estaban cocidos e cheiraban estupendamente. Como non tiñamos pan para acompañar non os probamos.
A próxima vez prepararemos algunha exquisita receta para comer!
ENTREVISTAMOS A MARTA
A semana pasada tivemos a visita Marta, a tía de Arrieta. Ela é unha fiel seguidora do noso blog e nos coñece a todos e sabe o facemos na nosa aula. Cando nos enteramos que estaba en Redondela e ía a vir vernos, nós tamén quixemos coñecela a ela un pouco mellor, así que nos organizamos en equipos para facerlle unhas preguntas.
Os Estrelas quixemos saber como é o lugar onde vive. Comenzamos por
preguntarlle cal era a comida típica e nos contou que era a bacallao a
vizcaina, os chipiróns e, antigamente, unha especie de puchero de feixóns e carne de porco que se
cocía na maquina do tren durante seis horas . A continuación nos interesamos polas plantas propias do pais vasco e
nos dixo que practicamente hai as mesmas que aquí porque tamen chove
moito porque o clima é moi parecido ao noso. Tamen nos explicou cales son as festas e os monumentos da zona. Puxémola en algún apreto cando lle preguntamos por que lle chamaban País Vasco se non era ningún país.
Nos, Os Pitufos preguntámoslle sobre o que fai no seu tempo libre. Díxonos que viaxa moito, gustalle pasear e ler. Queríamos saber tamén se era moi curiosa e activa e nos dixo que moito. Contounos que non lle gusta nada cociñar e tampouco as plantas.Como ela é vasca quixemos saber se é moi difícil aprender euskera e poidemos combrobar que si porque nos ensinou algunhas frases. Interesáronnos moito as súas viaxes a China, a India, a New York e Exipto. Explicounos como lle cambiou a forma de ver a vida cando foi a India. Nos sorprendeu moito o que nos contou os chinos, coma eles non tiñan pelo nos brazos cando ián polo a rúa parábanos para tocarllos e tamén o que facían as mulleres os pes pequenos.
Os Esquios preguntamos sobre a su profesión. Nos contou que ela é profesora e leva moitos anos traballando. Gustalle moito o seu traballo e ten moita experiencia
A ENTREVISTA FORMAL
PERO QUERÍAMOS SABER MÁIS.........
Grazas Marta pola visita e por seguirnos!
MOITOS BICOS!
jueves, 18 de abril de 2013
Profesor Súper O Recargado
Aquí tedes uns divertidos debuxos sobre o proxecto que nos ocupa neste momento.
miércoles, 17 de abril de 2013
COMO PODEN AXUDAR AS FAMILIAS A TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Compo xa sabedes, os vindeiros días 23 e 24 de maio terá lugar o exame de Avaliación de Diagnóstico. Nestas probas os nenos e nenas deben demostrar non so que poseen coñecementos senon que deben saber aplicalos.
A Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos (CEAPA) ten un calendario de actividades que se poden facer en familia para poder axudalos a ser mais competentes.
Déixovos o enlace cun artigo aparecido na revista Eroski Consumer no que explica en que consisten estas actividades e dende onde aparece un calendario con propostas para facer xuntos.
ASÍ PROGRESA O NOSO HORTO
Co bo tempo podemos retomar os coidados do o noso horto, así que aproveitamos os recreos para seguir plantando e coidando os diferentes cultivos que nos que podemos apreciar o froito do noso esforzo e coidados. Nas fresas xa se poden ver flores e froitos, os tirabeques xa están grandiños, as espinacas tamén medraron e os allos en apenas quince días agromaron. Quédannos por salir as cebolas. Onte plantamos baixo abrigo, creando un invernadoiro caseiro, leitugas e temos pendente de trasplantar as xudías e os tomates. Tamén temos máis de 20 plantas aromáticas diferentes.
E así o noso horto convírtese nun lugar de encontro e traballo en equipo.
Customize your own slideshow design |
jueves, 11 de abril de 2013
CAMPAMENTOS DE VERÁN
Xa sei que moitos de vós estades pensando ir de campamento este verán e para os que ainda non vos decidístedes, déixovos información sobre os que se van a celebrar aquí en Redondela na Illa de San Simón.
Clicade sobre a imaxe para ver a información sobre prazos, requisitos e prezos.
lunes, 8 de abril de 2013
ORTOGRAFÍA
Para ir traballando a parte de ortografía do tema que estamos dando en LC déixovos dous enlaces
Palabras con ll e y
Palabras con x
Palabras con ll e y
Palabras con x
miércoles, 3 de abril de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)