sábado, 17 de marzo de 2012

A DIVISIÓN

Levamos xa uns días aprendendo a dividir, así que para que vaiades practicando déixovos tres enlaces con exercicios.


viernes, 16 de marzo de 2012

EXPERIENCIAS COS SENTIDOS

Hoxe fixemos un concurso onde debíamos utilizar os cinco sentidos. En cada equipo despois de ver, escoitar, cheirar, tocar ou probar tivemos que falar e poñernos de acordo antes de escribir que fora o que percibimos.
Comenzamos vendo na pantalla seis anaquiños de diferentes imaxes e tivemos averiguar de que se trataba vendo so unha pequena parte. Foi moi difícil!
Logo escoitamos cinco sons que pode haber nunha casa: un timbre, un teléfono, un portazo, un secador e unha silla.
Co tacto palpamos os obxectos que había dentro dunha bolsa: unha pedra, plastilina, un peluche, unha culler e un papel.
Pero o máis complicado foi distinguir os cheiros: canela, laranxa, orégano, allo e cebola.
Por último, para quedar con bo sabor de boca probamos: café, cacao, mel, limón e auga con sal.

Pásamolo moi xenial!





domingo, 11 de marzo de 2012

MÓBIL MARGARIDAS

Este venres rematamos un móbil de margaridas que fíxemos recortando e pegando cartulinas de diferentes cores para adornar a nosa aula. Tratábase dunha actividade cooperativa onde cada grupo decidiu si cada un vai a facer unha flor ou si por o contrario cada membro do equipo ocupábase dunha tarefa distinta. Dous dos grupos decidiron repartir as diferentes tarefas: un marcaría na cartulina os círculos, outro marcaría os pétalos, outros dous recortarían e logo entre todos montarían as flores. No outro grupo cada membro tería que marcar, recortar e pegar as diferentes elementos para facer cada a súa flor. Ao final todos conseguiron as súas flores.

Este foi o estupendo resultado!





miércoles, 7 de marzo de 2012

domingo, 4 de marzo de 2012

COÑECEMENTOS PREVIOS SOBRE AS PLANTAS

Esta semana comenzamos a estudar o tema das plantas. Antes empezar, por equipos, fixeron unha lista coas ideas previas que tiñan sobre o tema e a verdade é que xa sabían moito das plantas.
Cando rematemos serán uns expertos e expertas na materia!