martes, 24 de abril de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DO MONTE EN CHAN DA COSTA

Un ano máis, e despois de agardar varias semanas a que a choiva nos deixara, celebramos o Día do Monte. 
 Este ano tocounos ir ao Chan da Costa en Reboreda.
Coma todos os anos celebramos este día en colaboración coas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela e a Anpa do centro.
Uniformados coas camisetas commemorativas demos un bo paseo ata o Monte. 
Alí aproveitamos para facer unha plantación, xa que, o Chan da Costa foi un dos montes afectados nos incendios de outubro do ano pasado. 
Ademais, este ano contamos coa colaboración dos Gardas Forestais que nos deron unha charla moi interesantes sobre os incendios e a súa extinción.
Tamén desfrutamos dunha boa merenda campestre e, por suposto, de xogos e tempo para nós aproveitando o entorno e o aire libre.
Antes de emprender o camiño de volta, recollemos o lixo.
Esperamos volver e desfrutar de nova vida no noso monte .

COMEZAMOS A HISTORIA

Quen dixo que a historia era aburrida?
Aquí tedes un fragmento dun libro que nos conta a historia de España dun xeito moi especial.
Seguro que vos vai a encandilar.

lunes, 23 de abril de 2018

VISITAMOS A XUNTA DE GALICIA, O PARLAMENTO E...

O día 17 de abril de 2018 fixemos unha excursión ao Parlamento de Galicia.
Chegamos ao colexio ás 8.45 e saimos en autobús ás 9:07. Chegamos ao edificio da Xunta de Galicia ásS 10.57, despois de merendar nun centro comercial. 
Chegamos ao Pazo do Hórreo ás 12.30 da mañá e alí  visitamos moitas salas pero a que máis me gustou foi o hemiciclo e a sala de comisións. Tamén me gustaron outras coma o salón dos reis. 
Explicáronnos moitas cousas e tamén vimos algúns vídeos, visitamos as bibliotecas (unha pequena e outra grande)
Antes de entrar ao hemiciclo fomos a sala dos pasos perdidos que é a sala onde durante os plenos os deputados poden usala para descansar. Está decorada coas imaxes de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Fomos comer a alameda de Santiago onde xogamos mentres as profes tomaban uns cafés e, por último, fomos facer a ruta dos muíños do río Barosa, en Barro. Hai moitos muíños que visitamos coa profe Vero. O paseo mellorou moito grazas as explicacións que fixo a profe Luisa.
Despois merendamos e xogamos durante un bo anaco.





BRAIS

domingo, 22 de abril de 2018

miércoles, 18 de abril de 2018

RECURSOS MATEMÁTICAS


Xa tedes o site cargado con material para traballar as operacións con decimais. Botádelle un ollo

Xogos, vídeos e actividades.

http://genmagic.net/repositorio/albums/userpics/sumdec1c.swf

PREPARANDO O DESAFÍO FINAL DE GALICIENCIA

Toca preparar o desafío do día 11. Ese día estaredes soas fronte aos outros dous equipos e teredes unha hora para afrontar o desafío final. De seguro que o ides facer moi ben e imos poñer todas as nosas forzas para gañar.

Primeiro de todo, podedes ver os vídeos os outros participantes, incluidos os outros finalistas nestas direccións:

DESAFÍO 1
DESAFÍO 2
DESAFÍO 3

Agora tedes dúas semanas para ler os recursos didácticos dos diferentes desafíos e estar mellor preparadas para o desafío final. Calquera dúbida debemos resolvela antes de que chegue o desafío final pois ese día eu non podo estar con vos.
Aquí tedes os recursos:


ÁNIMO ALBAMAS!!!

ALBAMAS É FINALISTA NO DESAFÍO GALICIENCIA

O equipo formado por Alba S, Alba P e María conseguiron colarse no desafío final de Galiciencia que terá lugar o vindeiro día 11 de maio.
NORABOA RAPAZAS

http://atrevetecocambioclimatico.galiciencia.com/

Quero felicitar tamén ao resto dos equipos que fixeron un gran traballo. Noraboa a todos.
 Ter un equipo da nosa aula no desafío final é un victoria de todos. Non o esquezades.
Aquí tedes os tres vídeos que lle deron o premio a ALBAMAS

DESAFÍO 1: O PRONÓSTICO DO TEMPO

DESAFÍO 2: QUE SABEN DO CAMBIO CLIMÁTICO OS QUE ME RODEAN


DESAFÍO 3: UN ANUNCIO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO